A Cámara da Coruña enche de contidos transformadores o seu programa formativo para as empresas

mércores, 13 de setembro do 2023 S. P.

A Cámara de Comercio da Coruña, en resposta á demanda das empresas da súa demarcación, abriu o prazo de matrícula para as actividades de formación dirixidas ao tecido produtivo e enmarcadas no programa do terceiro cuadrimestre do ano. Trátase de quince actividades, entre cursos e xornadas, que se desenvolverán, segundo o caso, en formato presencial, online ou en streaming.
A programación de setembro inclúe un obradoiro de produtividade persoal e ferramentas M365 (os días 19, 21, 26, 28 de setembro e 3 de outubro, en streaming), un curso de contabilidade, administración e xestión (do 21 de setembro ao 20 de decembro en formato online), un curso de Power BI (en streaming do 26 de setembro ao 28 de novembro) e un curso de análise de balances (do 27 de setembro ao 5 de outubro, en modalidade online).
En outubro a axenda inclúe un obradoiro sobre target o 4 de outubro (como definir e xerar compromiso cos clientes, formato presencial), unha actividade formativa xestión aplicada sobre a área loxística e de almacén (días 16, 23 e 30 de outubro, formato presencial), un curso sobre feedback (presencial, os días 18 e 19 de outubro) e outro sobre fiscalidade no comercio internacional (do 25 de outubro ao 14 de decembro, en formato online).
O mes de novembro comezará cun obradoiro de tecnoloxías de análise de datos, Big Data e Intelixencia Artificial (o día 8 en formato presencial), un curso sobre como conseguir obxectivos a través do coaching (14 e 21 de novembro en formato presencial), outro sobre fontes de información no comercio internacional (do 4 ao 24 de novembro, en modalidade online), outro sobre análises de problemas e toma de decisións (en formato online, do 14 de novembro ao 14 de decembro) e outro sobre deseño, definición e implantación do plan de formación na empresa (días 15 e 16 de novembro en modalidade presencial). A axenda proseguirá con cursos sobre MS Power Automate, sobre clasificación dos medios de cobranza e pago internacionais, sobre lanificación e organización e sobre como mellorar a nosa comunicación.
En decembro haberá un obradoiro sobre a Lei de protección ao denunciante: canles de denuncia internos (12 de decembro en streaming).

PUBLICIDADE