A Cámara da Coruña achega 26 novos cursos centrados na transformación e a dixitalización

luns, 6 de novembro do 2023 S. P.

A Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta de Galicia puxeron en marcha un novo programa de teleformación dirixido aos comercios da área co obxectivo de “formar nas novas ferramentas e coñecementos aos profesionais do sector e facilitar a súa adaptación aos cambios”. Preto de 1.000 profesionais do sector poderán participar nesta proposta formativa, que contempla 26 cursos, e que está focalizada no fortalecemento das competencias transversais, habilidades, atención ao cliente, comercio electrónico, innovación e idiomas, entre outros.
Ademais, profundarase no manexo e uso de novas canles para impulsar a comunicación e a proximidade cos clientes.
A formación estará estruturada en cinco grandes áreas: Emprendemento e Xestión Comercial; Transformación Dixital; Estratexia; Sustentabilidade e Punto de Venda.
Así, a formación inicial, prevista para este 2023, inclúe un curso sobre Emprendemento e Xestión Comercial e outro sobre Transformación Dixital. No primeiro semestre de 2024 desenvolverase a formación continua, que incluirá cursos nas áreas de Estratexia, Punto de Venda e Sustentabilidade.


PUBLICIDADE