A CNMC sanciona a 11 empresas por crear un cártel de servizos informáticos
xoves, 2 de agosto do 2018
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)
iniciou ha ano e medio unha campaña contra a fraude na licitación pública, e
agora dá conta da sanción a 11 empresas por crear un cártel na subministración de servizos de informática e tratamento
de datos á Administración Pública. A trama empresarial repartiuse os clientes,
pactou os prezos e as condicións comerciais, e intercambiou información
comercial sensible para encarecer a contratación pública. As sancións impostas
elévanse no seu conxunto a 29,9 millóns de euros.
O 8 de marzo de 2015 a CNMC recibiu unha denuncia, e tras as investigacións
realizadas e unha vista pública coas empresas implicadas, a CNMC considera
acreditada unha infracción moi grave dos artigos 1 da Lei 15/2007 e 101 do
Tratado de Funcionamento da UE, constitutiva de cártel.
As empresas involucradas operaban en todo o territorio nacional ofrecendo
servizos de informática e de tratamento de datos, desde consultores na
instalación de equipos informáticos e aplicación de programas, ata servizos de
preparación de datos para o seu tratamento e servizos de bases de datos. Na meirande
parte dos casos estes contratos levan a integración fÃsica de persoal das
empresas incoadas ou das súas subcontratas nos cadros de persoal dos clientes
como persoal de apoio. Entre os organismos afectados pola fraude atópanse a
Axencia Tributaria, a xerencia de informática da Seguridade Social, e o Servizo
Público de Emprego (SEPE), entre outras.
As condutas ilÃcitas realizadas afectan os procedementos de contratación, que
se facÃan de diversas formas:
i) mediante a creación de UTE (Unións temporais de Empresas) de carácter
instrumental;
ii) a subcontratación preferente de determinadas empresas ás que se aseguraba
unha porcentaxe de facturación e unhas condicións máis vantaxosas que a outras
empresas subcontratadas a cambio de que non participasen en ofertas
alternativas na licitación;
iii) a presentación de ofertas de cobertura para asegurarse a adxudicación de
contratos adxudicados mediante concurso ou procedementos negociados;
iv) a cesión de claves de patrimonio ou na inhibición da presentación de
ofertas por certas empresas en determinados concursos para asegurarse a
adxudicación dos mesmos e a cambio doutro tipo de favores. Con todo iso
reducÃan a competencia entre as empresas que se presentaban ao concurso público.
Empresas participantes no cártel
A intensidade da participación das empresas variaba en
función do organismo que convocaba as licitacións e do tipo de concurso. Os
instigadores da trama foron dúas: Indra e SAG. Na repartición do mercado
participou un grupo de nove empresas con distintos graos de responsabilidade:
Atos, Connectis, IBM, Everis, Babel, Cibernos, Gesein, Accenture e Next. A esta
lista hai que sumar outras tres empresas para as que non existen probas
suficientes. As empresas sancionadas son:
- Indra Sistemas SA: 13,5 millóns de
euros
- SAG (Software AG) España SA: 6 millóns
de euros
- Atos Spain SA: 5 millóns de euros
- Connectis ICT Services SA.: 1,8
millóns de euros
- IBM ( International Business Machines)
SA: 940.000 euros
- Everis Spain SL: 800.000 euros
- Babel Sistemas de Información SL:
633.917 euros
- Cibernos Consulting SA: 616.038 euros
- Gesein SL: 320.969 euros
- Accenture SL e Accenture Outsourcing
Services SA: 300.000 euros
- Next Computer Services SA: 46.760
euros
Contra esta Resolución non cabe recurso algún en vÃa administrativa, podendo
interpoñerse recurso contencioso-administrativo na Audiencia Nacional no prazo
de dous meses a contar desde o dÃa seguinte ao da súa notificación.