A CMT confirma que España continúa a ter unha banda larga cara a nivel europeo

xoves, 5 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Os prezos da banda larga en España divididos en 3 rangos de velocidade

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións publicou a comparativa de prezos da banda larga na Unión Europea correspondente ao segundo semestre de 2009, co que pretende ver a evolución do prezo da banda larga e o seu contraste cos países do noso contorno, comprobándose unha vez máis que temos unhas conexións máis caras que no resto de países agá para conexións de baixa velocidade.
Así, para liñas de velocidade medida (entre 2 e 10 Mbps) que son o 70% das que hai en España, os prezos locais son un 10,8% maiores que a media europea, chegando esta diferenza de prezo a un 16,6% para conexións a máis velocidade. Pero se analizamos os datos tendo en conta os operadores históricos (lembremos que en España Movistar continúa a ter unha posición dominante) temos que España está moi por detrás do resto de Europa, de xeito que as cosas conexións de velocidade media serían un 71,7% máis caras, mentres que as de velocidade alta serían un 67,1% máis caras.
Ao realizar as mesmas comparacións axustando os prezos ao poder adquisitivo, España continúa a ter uns resultados peores que o resto de países da U.E., quedando moito que mellorar a este respecto.
Curiosamente España non sae moi mal parada se comparamos as mellores ofertas dispoñibles no mercado, pero ese contraste non é moi fiable, posto que a dispoñibilidade das ofertas é reducida, quedando a meirande parte da poboación afastada da posibilidade de contratar conexións de banda larga con prezos realmente competitivos, sendo a comparación de operadores históricos unha das máis obxectivas, e na que quedamos no peor posto de Europa.

Ao comparar o prezo das conexións de banda larga de operadores históricos europeos España é o país que sae peor parado

PUBLICIDADE