A CECAP de Lugo impartirá dende mañá un curso sobre social media

xoves, 12 de xaneiro do 2012 Raquel Noya

A Asociación Provincial de Empresas de Formación CECAP Lugo vai impartir, a partir de mañá 13 de xaneiro, un curso sobre Social Media Marketing na Empresa, no que se verán os usos das redes sociais como ferramenta para dar a coñecer os negocios e empresas das persoas asistentes.
As xornadas de formación van dirixidas a traballadores, autónomos e persoas desempregadas que estean ou estiveran vinculadas ao convenio colectivo de ensino non regrado.
O curso, que a entidade imparte de balde, ten una duración de 20 horas e terá lugar os vindeiros 13, 20 e 27 de xaneiro e o 3 de febreiro, nos locais da Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O programa do curso inclúe información sobre a figura do community social media management, sobre as redes sociais máis populares (Facebook, Twitter, Youtube...) e sobre as novas tendencias do sector.
As prazas para asistir xa están cubertas.

PUBLICIDADE