A Blogoteca supera a barreira dos mil blogs

xoves, 3 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Durante a celebración de EnBlogs en abril de 2006, Abertal presentou o primeiro servidor público de blogs feito en Galicia e en galego, a Blogoteca, e en pouco máis de ano e medio de vida conseguiu un importante éxito superando os 1.000 blogs e as 10.000 imaxes na FotoBlogoteca.
O servizo galego de creación de cadernos de Internet ve nacer unha media de 65 blogs cada mes, dos que o 95% son obra de galegos e en galego. Actualmente contan cunhas 10.350 visitas diarias e entregan 54.130 páxinas/día, polo que no último mes sumaron 320.860 visitas reais e 1.678.250 páxinas vistas.
Nestes meses puidemos ver como na Blogoteca nacían e morrían espazos interesantes coma Viaxe Interior ou Bola Extra, mentres se manteñen De pinchos, Proxecto Esmelle e, especialmente activo, Malmequer, que se alzan coma bos exemplos do Blogomillo.

PUBLICIDADE