A Biblioteca Nacional comeza a amosar os seus fondos a través da web

xoves, 17 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

As Cantigas de Santa María vistas na BDH

A Biblioteca Nacional adáptase ós novos tempos presentando a Biblioteca Digital Hispánica, que se estrea hoxe na Internet e que permitirá a consulta e descarga de balde a unhas 10.000 obras entre as que destacan manuscritos, libros impresos do século XV o XIV, gravados, debuxos, mapas, fotografías e carteis. Podemos así atopar xoias coma o Poema del Mío Cid, as Cantigas de Santa María, gravados de Rembrandt ou debuxos de Goya.
A nova web presentouse da man de César Antonio Molina, ministro de Cultura; Francisco Ros, secretario de Estado de Telecomunicacións, e outras autoridades, e se anunciou que este proxecto de dixitalización prevé a dixitalización dunhas 200.000 obras nos vindeiros 5 anos. Deste xeito se fará unha importante labor de preservación dos valiosos fondos da Biblioteca Nacional, pois agardan que a consulta remota faga diminuír as consultas presenciais por parte de investigadores un 90%.
O buscador de obras dixitalizadas pódese configurar para o seu uso en inglés, español, catalán, galego, vasco e valenciano.

PUBLICIDADE