A Banda da Balbina faise co ghit do verán

luns, 31 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Un ano máis chegou á súa fin o certame musical de A Polo Ghit, froito da colaboración de Vieiros e a Radio Galega para axudar a elixir a canción galega do verán, que nesta edición foi O Fillo do Mar de A Banda da Balbina.
Os temas que chegaron á final foron 5 elixidos polo público e 5 por un xurado composto por Belén Xestal e Alberto Dopico (do programa da TVG Quen Toca?), Alberto Rivero (Radio Galega) e o humorista Roberto Tonecho Vilar, quen despois puntuaron aos 10 finalistas ata seleccionar ao ghit do verán, contrastando cos votos a través da Internet, que foron parar maioritariamente a Lonxe da praia de Lolo Arincón.

PUBLICIDADE