A Axenda Dixital de Galicia marcará as polÃticas TIC para converxer con Europa
martes 15 de xuño do 2010, por |

- Alberto Núñez Feijoo e Mar Pereira na xuntanza con representantes do Cluster TIC
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acompañado da secretaria xeral
de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu
esta mañá aos representantes do Cluster TIC, aos que informou da aprobación
no próximo Consello do Goberno galego da 2014
Axenda Dixital de Galicia. Trátase do instrumento que establece o xeito no
que as polÃticas tecnolóxicas dan soporte e reforzan os eixos de actuación do
Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 e co que a Administración autonómica afronta
o reto da converxencia co novo mercado dixital.
A folla de ruta que establece 2014
Axenda Dixital de Galicia determina unha serie de obxectivos estratéxicos
que pasan por crear emprego e riqueza, construÃr unha administración máis
eficiente e próxima, capacitar aos cidadáns dixitalmente para o mercado global
e dotar á Comunidade dunhas infraestruturas de telecomunicación modernas e
sostibles.
2014 Axenda Dixital de Galicia dá
resposta ás necesidades actuais e futuras recollidas nas principais estratexias
tanto europeas como rexionais. En primeiro lugar, está aliñada coa Estratexia
2020, unha estratexia europea definida entorno a tres prioridades que se
reforzan mutuamente: un crecemento intelixente baseado no coñecemento e a
innovación; un crecemento sustentable que faga un uso máis eficaz dos recursos,
que sexa máis verde e competitivo; e un crecemento integrador cun alto nivel de
emprego, de produtividade e de cohesión social e territorial.
En segundo lugar, está en liña coa Axenda Dixital Europea, definida co
obxectivo de lograr beneficios económicos e sociais sustentables a través das
novas tecnoloxÃas, promovendo actuacións en diversos ámbitos: facilitando o
acceso a internet e a súa utilización por todos os cidadáns europeos,
especialmente mediante a alfabetización dixital, creando contidos dixitais e
servizos en liña seguros, reforzando a solidez tecnolóxica de Europa en ámbitos
clave, xerando redes de talento, fomentando a cooperación entre todos os
axentes para competir en condicións óptimas, garantindo o carácter neutral e
aberto de Internet, reutilizando a información e impulsando un mercado dixital
único.
Finalmente, a primeira Axenda Dixital de Galicia está perfectamente aliñada
co Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que aposta por un novo modelo de
crecemento baseado na economÃa do coñecemento, a dinamización económica e a sustentabilidade;
pola redución da fenda dixital como elemento clave para a cohesión territorial
e social; pola promoción do desenvolvemento tecnolóxico e da creación de
empresas baseadas no coñecemento e a tecnoloxÃas; polo fomento das TIC e en
definitiva, por facer de Galicia un lugar para vivir, traballar e investir a
través das novas tecnoloxÃas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















