A Axenda Dixital Post-2020 incluirá un polo Gaiás-Dixital e un Comité de intelixencia artificial
mércores, 21 de novembro do 2018
Durante o acto de inauguración da Mobile Week o presidente
do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, avanzou que Galicia
empezará a traballar na Axenda Dixital Post-2020, que contará cun polo
Gaiás-Dixital e cun Comité de intelixencia artificial. Precisou que esta
estratexia contará con tres obxectivos: reforzar o papel de liderado do sector
público para buscar respostas novas ao desafÃos actuais e futuros, empregando
todo o potencial da tecnoloxÃa; impulsar a capacitación de novos perfÃs
especializados adaptados aos cambios no mercado laboral e atraer talento
dixital; e aproveitar o potencial das novas tendencias tecnolóxicas fomentando
o emprendemento e o crecemento das ideas.
Nesa estratexia, aseverou que o polo Gaiás-Dixital será o
nodo rexional de referencia nas redes transeuropeas e permitirá abrir portas
cara á compartición de infraestruturas tecnolóxicas no marco do mercado dixital
único que promove a Unión Europea.
Asà mesmo, e para analizar o potencial que se atopa na
intelixencia artificial, capaz de impulsar novos modelos de traballo ou de
prestar servizos públicos, subliñou que se creará un comité de expertos en
diferentes disciplinas que permitirá unha análise rigorosa que calibre as
oportunidades de aplicación e desenvolvemento e as medidas lexislativas nas que
cómpre adiantarse.
«Queremos que Galicia teña voz nas tendencias tecnolóxicas
de futuro», dixo, subliñando que o Consello da Xunta aprobou o Plan Galicia 5G
e acaba de constituÃr un nodo rexional de cooperación con tres multinacionais e
un operador público 5G.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo
autonómico subliñou que a Axenda dixital de Galicia permitiu: máis
conectividade, a través dunha lei galega que apoia estas infraestruturas e un
investimento que en 2020 superará os 250 millóns de euros, o que converte a
comunidade na terceira autonomÃa con mellor cobertura 4G; unha Administración
máis dixital, que se consolidará coa aprobación nos próximos meses da Lei de
Administración dixital; e unha educación máis dixital, con equipamento dixital
en todas as aulas, desde quinto de primaria ata bacharelato.
Nesta liña, referiuse tamén aos avances nos novos modelos de
coidados no fogar; á Rede dixital de emerxencias, que integra no mesmo sistema
todos os colectivos de emerxencias e seguridade; ou á construción da Memoria
Dixital de Galicia.
Feijoo incidiu en que o Goberno galego leva tempo
comprometido co sector TIC, que concentra máis de 3.400 empresas e dá traballo
a case 22.000 persoas na Comunidade. Sobre este punto, destacou tamén a
importancia de eventos como a Mobile Week Coruña e insistiu no interese de
Galicia por estar presente nos retos relacionados con esta materia.