A Aula CeMIT de Boiro celebra este xoves unha xornada sobre ciberseguridade

martes, 21 de novembro do 2023 S. P.

Este xoves 23 de novembro celébrase en Boiro, na Aula CeMIT do Centro Social, unha actividade formativa que ilustrará á cidadanía sobre os recursos que pode aplicar para ter navegacións seguras e un uso útil e protexido dos dispositivos. A charla sobre ciberseguridade desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: O teu día a día en liña, con seguridade. Dará comezo ás 12.30 horas. As persoas interesadas en participar na charla poden inscribirse en axentetic@boiro.org, no 981 84 26 35 ou no 629 769 139.
Dende a Aula CeMIT de Boiro recordan ademais que este mes estanse a desenvolver catro cursos formativos centrados nas seguintes ferramentas de ofimática libre: Libreoffice Writter (do 6 ao 9 de novembro), Libreoffice Calc (do 13 ao 16 de novembro) Base (do 20 ao 23 de novembro) e Impress (do 27 ao 30 de novembro).

PUBLICIDADE