A Audiencia Nacional anula a sanción de 57 millóns de euros a Telefónica

venres, 9 de febreiro do 2007

Telefónica vén de librarse dunha boa, concretamente dunha multa nada desprezable (segundo sexa quen teña que abonala, claro) de 57 millóns de euros, a que lle impuxera no seu día o Tribunal de Defensa da Competencia (TDC) “por obstaculizar o cambio de operador”, sanción que agora vén de anular a Audencia Nacional. Cómpre sinalar que, en realidade, a consumación da sentencia xa estaba parada dende hai meses, concretamente dende xuño, por considerar a Audiencia que a multa podería causar á operadora problemas de moita envergadura. Segundo a Audiencia, non existe proba de que a compañía publicitaria coa que Telefónica afrontou a circunstancial fuxida de clientes chegara a “causar unha distorsión ou dano grave nas condicións de competencia no mercado”.

PUBLICIDADE