A Asociación de Internautas estrea a súa propia televisión na Rede

martes, 5 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Esta semana a Asociación de Internautas estrea a súa propia televisión na Internet, seguindo a tendencia do ano na Rede: o vídeo.
Nun principio, Internautas Televisión achegará un informativo de entre 5 e 10 minutos que se emitirá de luns a venres coas novas de interese para a comunidade internauta como a seguridade na Rede, as tarifas de acceso, a calidade do servizo e outros asuntos dos que non se libra o canon da SGAE.
Os vídeos producidos pola nova televisión da AI estarán dispoñibles en formatos MPEG, Windows Media Video, iPod, PSP e móbil, de xeito que se poderán visualizar dende os dispositivos de reprodución multimedia máis habituais na actualidade, aínda que tamén aproveitan a popularidade de YouTube e Google Video coma medios para difundir os seus contidos.

PUBLICIDADE