A Asociación de Internautas recorreo o canon dixital

venres, 1 de agosto do 2008

A Asociación de Internautas recorreu ante a Audiencia Nacional a orde do Goberno que regula o canon dixital ao entender que esta medida «é contraria a varios artigos da Lei de Propiedade Intelectual e da Constitución Española». Detallan que os artigos 25 e 31 da LPI son vulnerados, así coma 5 artigos da Constitución e tamén critican que as contías establecidas polo canon non responden a ningún criterio feito público.

PUBLICIDADE