A Asociación PuntoGal supera as 9.000 adhesións individuais

martes, 2 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Durante o encontro Xuventude Galiza Net moitos mozos fixeron cola para asinar a favor do .gal

A Asociación PuntoGal, na súa iniciativa pola consecución dun dominio para a lingua e a cultura galegas está a recoller adhesións individuais dende xaneiro de 2007, e xa conseguiron superar os 9 milleiros de persoas que asinasen a favor da reivindicación dun dominio .gal.
Aparte de superar as 9.000 adhesións individuais, a Asociación tamén conta con 75 entidades achegaron o seu apoio, entre as que se atopan asociacións culturais, empresas, medios de comunicación, colexios profesionais, etc.
Lembramos que asinar en favor da campaña para un dominio galego é tan doado coma introducir os nosos datos persoais nun formulario web.

PUBLICIDADE