A App Store para o iPad xa está dispoñible internacionalmente

xoves, 20 de maio do 2010 Marcus Fernández

A App Store británica xa está en funcionamento

Durante a xornada de hoxe os afortunados propietarios dun iPad fóra dos EE.UU. puideron comezar a acceder á tenda de aplicacións para o seu dispositivo mediante a súa conta de usuario local, o que inicialmente estaba limitado a usuarios con contas na tenda virtual norteamericana.
O lanzamento internacional da App Store para o iPad chega agora para que o vindeiro día 28, cando oficialmente chegue o iPad a Europa, a súa plataforma de aplicacións estea dispoñible a pleno rendemento.

PUBLICIDADE