A AMTEGA ofrece teleformación e recomendacións tecnolóxicas para tirar proveito da situación actual
luns, 20 de abril do 2020
A Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través da Rede de Centros para a
Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), continúa ofrecendo formación
dixital en liña, a través a plataforma de
teleformación EMA, que conta cun amplo catálogo de cursos para poder
continuar formándose no eido dixital sen saÃr da casa.
Os cursos están catalogados desde un nivel máis
básico, como o uso da tableta, o aproveitamento do smartphone, as redes
sociais, ata o uso da administración electrónica, operacións dixitais o tratado
de imaxes e vÃdeos, etc. Para acceder a estes recursos tan só é preciso darse
de alta na Rede a través da páxina web de CeMIT.
Apoio para os maiores
A Rede, cuxa actividade fan especial
fincapé nas persoas con máis dificultades no acceso a tecnoloxÃa, entre eles o
colectivo de maiores, colabora estes dÃas co aliado dixital Fegaus na
iniciativa #MayoresActivosEnCasa, e a
través da plataforma web Canal Sénior,
calquera cidadán con conexión a internet, pode participar nas charlas sobre
tecnoloxÃa, historia, arte, manualidades, etc.
Ademais, axentes TIC responsables da formación das
aulas CeMIT están a centrar a súa labor formativa estas semanas no
acompañamento personalizado e titorización, principalmente, das persoas
maiores, ben a través do teléfono para os alumnos e alumnas con menos
coñecementos, ou a través de mail, redes sociais ou aplicacións de videoconferencia.
Neste último mes, a formación dixital para as persoas
maiores orientouse principalmente á comunicación a través das ferramentas e
aplicacións dixitais e tamén no uso de servizos dixitais, coma a solicitude de
cita no médico (para a consulta telefónica) a través da plataforma de É-Saúde
ou a banca electrónica. A formación complétase con propostas de ocio como xogos
de memoria, culturais e visitas virtuais, exercicio ou receitas.
Para coñecer as aulas que están a
desenvolver este tipo de actividades, aconséllase contactar directamente cos
responsables dos centros CeMIT.
GuÃas, propostas e recomendacións tecnolóxicas
A AMTEGA, desde o comezo do estado de
alerta sumouse a iniciativa #EuQuedoNaCasa e desde a páxina web Faitedixital publica diariamente unha gran
variedade de publicacións para toda a cidadanÃa con propostas de recursos
tecnolóxicos que permiten sacar un maior aproveitamento desta situación que
estamos a vivir, impulsando un uso seguro e responsable da tecnoloxÃa no fogar,
asegurando un bo teletraballo ou manténdote activo fÃsica
e mentalmente.
Esta semana as publicacións estiveron dirixidas ás
persoas maiores e tamén publicarase a GuÃa para persoas maiores Aproveita o
tempo na casa coa tecnoloxÃa.