A Alameda de Santiago contará cunha Box Vox do 7 ao 13 de abril

martes, 7 de abril do 2009 Marcus Fernández

Este serán o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director da Oficina do Parlamento Europeo en España, Ignacio Samper, inauguraron na Alameda unha grande caixa multimedia coñecida coma Box Vox que quedará instalada ata o día 13 e permitirá gravar mensaxes de vídeo dos cidadáns para rexistrar as súas preocupacións, expectativas e desexos sobre a Unión Europea co gallo da proximidade dos seus comicios electorais (que terán lugar o vindeiro 7 de xuño), cousa que tamén fixo o alcalde compostelán.
Estas caixas multimedia están a instalarse en distintas cidades da Unión, sempre en espazos públicos destacados, e contan cunhas pantallas nas que se poderán ver distintos cortes de vídeo con declaracións dos cidadáns.

PUBLICIDADE