A Administración de Xustiza galega aforrará 392.000 euros/ano ao mudar o seu modelo de xestión
venres, 19 de abril do 2013
A Xunta publica
hoxe a licitación da contratación do servizo de impresión para as sedes
xudiciais da Administración de Xustiza en Galicia, da área de Presidencia
da Xunta e da Vicepresidencia e ConsellerÃa de Administracións Públicas e
Xustiza. Este modelo de xestión substitúe o sistema de adquisición por compra
polo de arrendamento, conseguindo un aforro anual de 392.000 euros en gastos de
impresión e mellorando a prestación do servizo.
O novo contrato, por importe de 2,16 millóns de euros en catro anualidades dá
prioridade a redución de custes e por iso, ante a necesidade urxente de renovar
o equipamento actual, a Xunta avoga por cambiar o modo de prestar este servizo
substituÃndo o sistema de adquisición por compra polo de arrendamento reducindo
o gasto e mellorando a prestación do servizo.
O novo contrato inclúe a dotación de ata 519 equipos de
impresión, escaneo, copia e fax que dan servizo aos departamentos dependentes
da Presidencia, da Vicepresidencia, e ás sedes xudiciais galegas. Neste último
caso son equipos adaptados ao requisitos de seguridade, perfÃs dos usuarios e
ás necesidades das aplicacións informáticas que se empregan no eido xudicial.
Neste último ámbito é especialmente destacable a desigualdade do seu
equipamento actual, con máquinas non dimensionadas para as necesidades da meirande
parte dos xulgados e cun consumo moi alto pola súa obsolescencia.