A APD analiza este martes en Santiago a transformación actual do ámbito financeiro

luns, 27 de febreiro do 2023 S. P.

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración con Abanca, KPMG, o Instituto Español de Analistas e OKTicket (aplicación que nos permite levar o control dos nosos gastos profesionais dende o móbil e sen papeis), celebra en Santiago de Compostela a segunda edición do foro Galicia Finance Date. No encontro analizarase a nova contorna económica-financeiro, así como as claves financeiras na contorna actual, poñendo o foco no punto onde conflúe banca e novas ferramentas disruptivas: o fintech.
O encontro abrirano Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD e Daniel Fraga, socio responsábel de KPMG en Galicia. A sesión contará coas intervencións de relatoras de alto nivel entre os que se atopan Javier Santacruz, economista e analista financeiro experto do Instituto Español de Analistas, Miguel Á. Vázquez, presidente do Consello Galego de Economistas, Nélida Alonso, xerente circulante especial de Abanca, Diego Comendador, responsábel da área de Deal Advisory de KPMG en Galicia, Usoa Calderón, especialista de negocio de OKTicket, Alejandro Álvarez, CFO de Cafés Candelas, Jesús Caeiro, director de control de xestión de FINSA, e Alejandro Faginas, CFO de Netex.
A cita será como dixemos este martes 28 en horario de mañá (9.45 a 13.15 h) no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

PUBLICIDADE