A AETG analiza este xoves os principais desafÃos da transformación sanitaria
mércores, 30 de setembro do 2020
A
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) vai
afondar nesta semana na transformación tecnolóxica dende a óptica
sanitaria, unha cuestión que cobra especial relevancia ante as
incertezas provocadas pola COVID, que obrigan a converter a atención
e a xestión médica nun ámbito máis áxil, eficiente con mellor
capacidade de resposta. Estamos
a falar do debate virtual Situación actual e desafÃos futuros na
área da Saúde Dixital que se desenvolve este xoves 1 de
outubro ás 18.00 horas e conta coa colaboración do Colexio Oficial
de Médicos de A Coruña.
O
acto estará presidido polos presidentes de ambas entidades, Julio
Sánchez Agrelo e Luciano Vidán respectivamente, e coa intervención
dos expertos na materia, Sara RodrÃguez Paz, enxeñeira de
Telecomunicación experta en saúde dixital e Alejandro Pazos Sierra,
médico e informático. Os relatores reflexionarán sobre a situación
actual e os desafÃos futuros na área da saúde dixital, e as
inquedanzas e perspectivas de futuro en situacións de crises
sanitarias.