A AEPD publica unha guía con recomendacións para a protección dos cativos na Internet

xoves, 15 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os cativos non deben confiar en descoñecidos, tamén na Rede

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) co gallo do Día de Internet, publica a Guía de Recomendaciones para navegar de manera segura (descargable en formato PDF), coa que se pretende instruír aos cativos sobre as prácticas para unha navegación segura a través da web.

Guía da AEPD para cativos

O texto recolle distintos consellos para nenos, como non dar datos persoais a estraños (concretando que tanto o nome, o enderezo ou os gustos persoais son datos susceptibles), non descargar programas descoñecidos (pois poden incluír virus ou outras ameazas) e seguir as indicacións dos país (pedindo consello e permiso ante calquera dúbida).
A guía ten unha linguaxe moi sinxela, polo que a súa comprensión é doada, e debería servir para que a xente non sexa tan confiada co uso que se pode dar dos seus datos, extremando as medidas a tomar no caso de menores de idades.

PUBLICIDADE