4.300 traballadores de Vodafone suben ao carro da 5G da man de Samsung

xoves, 6 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Vodafone España creou a meirande plataforma de usuarios 5G (Campus 5G) para que os seus 4.300 empregados poidan gozar de solucións 5G e probar servizos, cobertura, velocidades e outras funcionalidades da rede comercial 5G da compañía. Esta plataforma tamén permitirá probar novos casos de uso en escenarios de alta demanda e alta capacidade, xa que en Vodafone Plaza congréganse habitualmente máis de 2.500 empregados.
Os empregados de Vodafone recibiron un Samsung Galaxy Note10+ 5G para poder participar nesta iniciativa, contando cunha tarifa de datos ilimitada a máxima velocidade nestes terminais, de xeito que convértense en embaixadores dos servizos 5G comerciais dispoñibles dende hai meses en cidades como A Coruña e Vigo.

PUBLICIDADE