Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

37 novos centros emisores na área técnica de Ares garantirán a cobertura da TDT

martes 24 de novembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 75 KB
Rede principal e de extensión de televisión dixital no Plan de Transición Ares

Alfonso Cabaleiro Duran, secretario xeral de Medios, adiantou hoxe que a Xunta porá en marcha 37 novos centros emisores de TDT para garantir a cobertura na Área Técnica de Ares. Explicou que a implantación da TDT será do 100% na primeira quincena de xaneiro, e asegurou que a instalación destes novos emisores farase a un ritmo de 7 ou 8 por semana cun investimento total de 1.500.000 euros.
Cabaleiro avanzou na Delegación da Xunta da Coruña o contido do Plan de transición da Área Técnica de Ares, explicou que o traballo avanza «a bo ritmo», xa que están instalados xa os primeiros equipos: San Jorge, (Ferrol), e Doroña, (Vilamaior), e o calendario de acendidos seguirá «esta semana» coas estacións de Oza do Ríos, Igrexa e Ombre (Pontedeume), e As Somozas.
O secretario de Medios explicou que a Área Técnica de Ares é unha das 6 nas que o Plan galego de despregamento da TDT divide Galicia. Está composta por 51 concellos (50 da provincia da Coruña, e 1 de Lugo) que dependen directa ou indirectamente do emisor principal de Baladoira, en Ares. Estes concellos suman case 730.000 habitantes que, segundo resaltou Cabaleiro, notarán unha mellora substancial no sinal da televisión xa que a TDT supera en cobertura e calidade á televisión analóxica.
Dende a Xunta de Galicia tamén destacan que para este traballo de adaptación á TDT tiveron que «partir practicamente de cero» e este despregamento inclúe a formación de case 200 empresas instaladoras para equipos de recepción por satélite, que desenvólvese con tecnoloxía galega.


Presentación do plan de traballo do Proxecto de Transición Ares
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS