2.0 Editora lanza este mes a versión en galego de El poder de las redes

luns, 7 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Hai cousa dun mes dende Colección Planta 29 anunciaban que o libro El poder de las redes de David de Ugarte ía ser editado en galego por parte de 2.0 Editora, de xeito que sumaría 5 edicións en papel.
A obra xa fora traducida ao galego por parte da xente de Compostela Wireless hai 3 anos, chegando a imprimirse co patrocinio da Xunta de Galicia un milleiro de copias do texto dentro dunha obra colaborativa baixo o título de Documentos para unha informática real.
Coa nova edición en galego de O poder das redes, a obra estrea portada e é de agardar que mellore considerablemente a súa difusión grazas ao traballo que fan dende 2.0 Editoria, compañía que este mes pon en circulación este manual de ciberactivismo.
Nestes momentos é posible adquirir O poder das redes por 14 euros en Toupa.net.

PUBLICIDADE