Xornal.com renova a súa imaxe
luns 2 de marzo do 2009, por |

- A nova web do Xornal de Galicia aposta por unha participación cidadá que non chega
A primeiros de
decembro chegaba aos quioscos galegos a cabeceira de prensa Xornal de Galicia,
que na
Internet aproveitou a publicación dixital Xornal.com como cara visible,
aÃnda que as presas deste lanzamento non permitiron que adaptaran a plataforma
en liña como era debido, e limitáranse practicamente a modificar a cabeceira da
web para reflectir que Xornal.com pasara a ser a versión en liña do Xornal de
Galicia. Case 3 meses despois, e en vésperas dunha cita electoral, deciden
finalmente lanzar unha renovación a web, cunha estética máis moderna, e cun
deseño acorde co novo medio de comunicación de ámbito autonómico.
Dende Xornal.com aseguran
que o seu novo molde achega a interactividade e a proximidade ao lector, o que se traduce no
reforzamento do seu Plan Conect@, unha sección na que os usuarios poden
pendurar da web as súas propias fotografÃas e vÃdeos para compartilos co mundo,
á vez que amplÃan a súa zona de opinión cunha tribuna aberta e cartas ao
director, tendo estes contidos tamén reflexo na edición impresa. Queda todo agrupado baixo o logotipo de Conect@, e pese a que xa leva
varios dÃas operativa esta posibilidade, non parece que goce de actividade,
pois todos os contidos presentes son anteriores á estrea desta sección e están
asinados polo mesmo usuario (polo que entendemos que son de proba). Queda asà en dúbida a elección dos nomes de seccións
coma Foto del dÃa ou VÃdeo del dÃa, que carecen de
información actual, e dá a impresión de que dende Xornal fixeron unha aposta
excesiva pola participación, que dificilmente verase correspondida se atendemos
a experiencias anteriores de medios de maior entidade (como a CNN ou El PaÃs).

- En 3 dÃas de actividade a sección de Conect@ non conseguiu atraer contidos xerados polos lectores
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















