AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Xornal.com convértese na edición dixital do novo Xornal de Galicia

martes 9 de decembro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 433 KB
Os cambios en Xornal.com foron moi lixeiros na súa transformación na edición dixital do Xornal de Galicia

A semana pasada falamos da intención do Xornal de Galicia de aproveitar o dominio Xornal.com para ter presenza en liña dende o primeiro día do seu lanzamento, e hoxe xa está aquí, tanto a nova cabeceira impresa como unha lixeira adaptación da web que leva activa dende 1999 para amosar como marca a publicación que xa está dispoñible nos quioscos de toda Galicia.
Á transformación de Xornal.com na web oficial do novo Xornal de Galicia coincide coa 9º aniversario da publicación electrónica que actualmente está situada coma o cuarto diario dixital de Galicia segundo a nosa listaxe coas 100 páxinas web máis populares, e os seus usuarios habituais apenas notarán a transformación do medio, que simplemente substituíu certos elementos gráficos para reflectir o cambio de cabeceira, conservando o seu motor e a súa estrutura, pero abríndose á participación dos lectores, poderán canalizar a través da Internet as súas achegas para a edición de papel e a dixital do novo medio.
Xornal.com tamén permite descargar en formato PDF a portada da edición impresa do Xornal de Galicia (e do seu caderno de lanzamento) e completa así unha transformación que xa se intentara hai 4 anos, que non rematara con éxito (e que tamén tivera unha timida achega ao papel mediante un semanario de balde), aínda que son moitas as dúbidas sobre a viabilidade dun novo proxecto de publicación impresa en Galicia nun momento no que a prensa gratuíta está a desaparecer na nosa comunidade e medios establecidos como La Voz de Galicia lanzan toda unha ofensiva contra esta nova iniciativa argumentando os problemas económicos do Grupo San José (respaldo financeiro da nova cabeceira) e os seus intereses en enerxías renovables.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS