Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha aplicación móbil galega axúdanos a tomar os medicamentos á súa hora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Unha aplicación móbil galega axúdanos a tomar os medicamentos á súa hora

Marcus Fernández
Publicado: 21/10/2013
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

alarmeds.jpgPara algunhas persoas resulta realmente complicada a súa toma diaria de medicamentos, por ter que atender a distintas prescricións, o que dificulta lembrar a que hora hai que tomar cada menciña ou se xa tomamos o noso tratamento, e para axudar a solucionar esta problemática estreouse nos pasados días en Google Play a aplicación AlarMeds, que permite crear alarmas personalizadas para axudarnos a non saltar ningunha medicación, distinguíndose esta ferramenta polo xeito de rexistrar os medicamentos (cunha ficha na que é posible incorporar fotografías que axudarán á súa identificación por parte do usuario, así como distintas anotacións).
AlarMeds permite introducir alarmas indicando datas, dose e frecuencia, permitindo incluso configurar o xeito non que o móbil avisa ao usuario (son, vibración, volume, duración, melodía personalizada…) e incluso incorpora unha axenda de teléfonos de interese (ideal para rexistrar números de teléfono de servizos sanitarios ou emerxencias).
A aplicación permite rexistrar ata 20 alarmas diferentes, permitindo que o usuario non teña que estar pendente do reloxo ou de terceiras persoas. Pode adquirirse en Google Play a un prezo de 1,98 euros, aínda que tamén existe unha versión de balde limitada a un único medicamento, o que permite probar as funcionalidades desta ferramenta sen compromiso de ningún tipo.

Jessica Dopico desenvolveu a aplicación cos coñecementos adquiridos nun curso de Aplicacións para Android
Jessica Dopico desenvolveu a aplicación cos coñecementos adquiridos nun curso de Aplicacións para Android
Resulta destacable o feito de que esta aplicación para dispositivos Android non xurda dun estudio de desenvolvemento de aplicacións móbiles tradicional, senón que o seu desenvolvemento sexa obra de Jessica Dopico Tuimil, unha rapaza que decidiu emprender esta creación durante a súa participación no curso Aplicacións para Android, impartido por David Hermida Mourelle, pai do célebre Pementos Analyzer, e ao que Dopico acudiu cuns coñecementos informáticos “nivel usuario” e rematou sendo quen de publicar un produto comercial centrado nun deseño intuitivo e doado de empregar para usuarios de calquera idade.
Jessica Dopico comenta que a idea de crear esta aplicación naceu nos primeiros días do mencionado curso, cando “estaba combinando 3 menciñas para unha doenza pasaxeira, e coincidiu que unha das alarmas do móbil non sonou” o que a obrigou a volver calcular as horas dalgunhas das tomas, o que pensou que podería ser un problema que podería solucionar unha aplicación móbil como a que tiñan que desenvolver nas súas xornadas formativas.
Aínda que David Hermida deu un baño de realismo aos seus alumnos, manifestándolles o complicado que é vivir de facer aplicacións móbiles, iso non impediu que Jessica Dopico seguise adiante con este proxecto, e que incluso teña un par de ideas máis na cabeza que intentará que saian adiante no futuro. Un claro exemplo de emprendemento que destaca principalmente por atender a unha demanda do noso día a día, e que é posiblemente unha das prácticas que mellor poñen en valor o uso da TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?