Unha aplicación para Android axuda a identificar os pementos que pican

luns, 8 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Coas numerosas festas gastronómicas e festas que no verán hai por toda Galicia, e a predilección de moita xente polos pementos de Padrón, unha nova aplicación para móbiles Android servirá para animar as veladas xa que chega como un analizador de pementos que permitirá coñecer se un pemento pica ou non.
Pementos Analyzer é unha aplicación para Android desenvolvida por CodeNostrum, compañía que non garante a súa efectividade, asegurando que os fallos no programa serían un problema do padal do usuario, o que servirá para botar unhas risas mentres se degustan uns produtos que poden facernos correr coma un demo a por un vaso de auga.
A mesma compañía tamén estreou nos pasados días a aplicación para Android chamada FincasGPS, que permite gardar e ver no mapa a localización das fincas do usuario grazas á axuda do GPS do móbil, permitindo incluso definir os seus lindes, o que resulta moi práctico para consultas futuras a través de vistas de aéreas.

FincasGPS axuda a rexistrar os lindes das nosas fincas

PUBLICIDADE