O smartpad de Notion Ink sairá á venda en xuño
mércores 30 de decembro do 2009, por | |
| Compartir |
Que Notion Ink
estea a prepara un smartpad cunha pantalla de 10,1 polgadas
fabricada por Pixel Qi combinada con tecnoloxía nVIDIA Tegra foi unha agradable
sorpresa, pois podería traer ao mercado por parte dunha compañía
independente un produto que moitos están a agardar, e que podería chegar a
competir cun Tablet fabricado por Apple (que podería chamarse finalmente
iSlate) e segundo a publicación The Hindu,
este novo dispositivo recibiría o nome de Adam, sería o primeiro trebello en
incorporar as prometedoras pantallas de Pixel Qi e poríase á
venda no mes de xuño por 15.000 rupias (223,63 euros).
Adam funcionaría co sistema operativo móbil Android, sería capaz de reproducir
vídeo en alta definición, tería unha autonomía moi elevada e incluso podería
competir cos lectores de e-books baseados en papel electrónico. Tamén contará
con sensores de luz ambiental e de proximidade, acelerómetro, GPS, compás
dixital, altofalantes, micrófono, cámara rotatoria de 3 Mpíxeles, unidade SSD interna
de entre 16 e 32 Gb e lector de tarxetas SD, e poderemos botar un ollo ao
produto durante o CES de Las Vegas, cando agardan amosar un prototipo bastante
avanzado.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














