Notion Ink prepara un tablet con nVIDIA Tegra e pantalla de Pixel Qi
luns 21 de decembro do 2009, por |
O CES de Las Vegas vai traer moitas novidades en xaneiro, e dá a impresión
de que estea no os dispositivos tipo Tablet van acadar certa relevancia,
especialmente se van na liña do smartpad que vai presentar alí Notion Ink,
consistente nun equipo de 16 x 25 x 1,5 centímetros, 771 gramos de peso, unha
pantalla táctil de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles e
capaz de operar nun modo reflectivo en branco e negro (con 64 niveis de gris),
a-GPS, compás dixital, Wi-Fi, GSM/EDGE/UMTS/HSDPA, Bluetooth 2.1, portos USB,
saída HDMI, toma para auriculares e micrófono, trackpad, cámara de 3 Mpíxeles
(capaz de gravar vídeo), unidade de almacenamento flash de 16 ou 32 Gb, lector
de tarxetas SD e capacidade para procesar vídeo H.264 a 1.080p.
Este impresionante equipo combinaría moitas bondades, pois grazas ao uso da
tecnoloxía nVIDIA Tegra T20 e unha pantalla fabricada por Pixel Qi, consegue
funcionar case tanto coma un equipo informático ordinario e mesmo coma un
lector de libros electrónicos, sen sacrificar autonomía, podendo operar ata 8
horas reproducindo vídeo en alta definición e 16 horas navegando na web a
través de Wi-Fi, polo que só quedará ver o seu prezo para cualificar
axeitadamente este dispositivo que no tocante a prestacións resulta sumamente
interesante.

- Especificacións do equipo que prepara Notion Ink
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















