O CrunchPad chegará ao mercado co nome de JooJoo
mércores 9 de decembro do 2009, por |
Pese a que
Michael Arrington anunciou a
morte do CrunchPad, o dispositivo que estaban a desenvolver con Fusion
Garage parece que finalmente verá
a luz coma un tablet cunha pantalla
táctil capacitiva de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles,
unidade SSD de 4 Gb, Wi-Fi, acelerómetro, webcam de 1,3 Mpíxeles, unha batería
cunha autonomía para unhas 5 horas de uso e un sistema operativo baseado na web
que permite un arranque nuns 9 segundos. Responderá ao nome de JooJoo e poderá encargarse a partires do vindeiro venres por uns
499 dólares (máis caro do que prometeran inicialmente) aínda que non
chegará ao mercado ata dentro dunhas 8 ou 10 semanas.
O dispositivo foi presentado oficialmente polo máximo responsable de Fusion
Garaga, Chandra Rathakrishnan, deixando ver que estamos ante un trebello capaz
de ver páxinas web que fagan uso de Silverlight e Flash, e mesmo correr vídeos
de YouTube a 1.080p. Conta cun único porto USB 2.0, unha toma de corrente e
outra para auriculares, de xeito que as súas conexións quedan reducidas á súa
mínima expresión, sendo
posible conectarlle tanto un rato coma un teclado externo tanto por USB coma
por Bluetooth.

- O JooJoo permite acceder ao vídeos de YouTube en alta definición
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















