Michael Arrington confirma a morte do CrunchPad
luns 30 de novembro do 2009, por |
Dende TechCrunch levan
preto de ano e medio traballando no que pretendía ser o CrunchPad, un Tablet táctil que
buscaba revolucionar o mercado cun produto versátil que permitise unha experiencia
de uso semellante á do iPhone, pero cun tamaño significativamente maior, pois
falábase dunha pantalla de 12 polgadas, contando tamén con conectividade Wi-Fi
e 3G, estando fixada
a súa data de lanzamento neste mesmo outono a un prezo duns 399 dólares.
Agora, Michael Arrington, máximo responsable de TechCrunch, tivo que saír á
palestra para informar de cal era o estado actual do proxecto que
desenvolvían en colaboración con outra empresa (Fusion Garage), que segundo
parece, a 3 días da data de entrega do produto, puxéronse en contacto con
Arlington para comunicarlle unha demora, así coma o feito de que lanzarían
directamente o CrunchPad, sen contar con TechCrunch, o que claramente non é
posible, dado que ambas compañías estiveron involucradas no proxecto e teñen
dereitos sobre o produto resultante.
Temos así que un desacordo entre as partes (e non problemas de viabilidade
económica coma rumoreouse nas últimas semanas) é o que enterra un interesante
proxecto que podería adiantarse á propia Apple cun trebello que permitise algo
tan sinxelo coma poder gozar da web dende a comodidade dun sofá.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















