PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Net2 ofrece acceso á Internet por satélite

xoves 23 de abril do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

O mes pasado falabamos da oferta de Internet por satélite de Tooway, que ofrecía o seu servizo a través dos satélites de Eutelsat, e agora anúnciase un novo servizo a través de Ses Astra, plataforma que permitirá que os clientes de Net2 poidan acceder á Rede dende lugares afastados «a prezos económicos», aínda que coma principal atranco conten cunha cota de alta bastante elevada, que chegaría a sumar uns 522 euros (aínda que ofrecen facilidades de pagamento).
As conexións non teñen límite de transferencia mensual (en contraste coa oferta de Tooway) e os seus prezos partirían de 21,90 euros + IVE por un acceso de 256 Kbps de descarga e 64 Kbps de subida, ata 69,90 euros + IVE por unha conexión de 2 Mbps/128 Kbps (con opcións intermedias a 512 Kbps e 1 Mbps por 30,90 e 44,90 euros + IVE respectivamente), polo que poderían ser unha interesante solución para o rural.
Esta solución establece comunicacións bidireccionais co satélite, de xeito que non precisa dunha liña de telefonía para operar, e permite aproveitar a súa instalación para recibir canles de televisión por satélite (con moitas canles de balde e a posibilidade de contratar Digital+) ou mesmo para facer uso de telefonía IP (por uns 6 euros/mes adicionais).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS