AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Chega a España un novo servizo de banda larga por satélite

xoves 12 de marzo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Eutelsat Communications comezou a comercializar en España a través dos seus distribuidores o servizo de acceso á Internet por satélite Tooway, que serve para achegar a Rede a lugares aos que non poden chegar outras solucións de banda larga.
Esta solución de comunicacións aproveitaría os satélites HotBird 6 ao 13 Este de Eutelsat aos que se accedería por banda Ka, o que permite unhas comunicacións bidireccionais de 2 Mbps de descarga e 384 Kbps de subida, o que podería ser comparable a moitas conexións de ADSL, aínda que tamén aseguran que na segunda metade de 2010 lanzarán o satélite Ka-Sat que se dedicará en exclusiva para este tipo de servizos, o que permitirá incrementar a velocidade de descarga ata os 8 Mbps.
Con respecto a outras solucións semellantes, Tooway destaca por non precisar dunha liña telefónica, que se comercializaría en paquetes segundo o tráfico consumido, o que lembra ás tarifas de banda larga móbil. Os distintos plans serían Basic (1,2 Gb/mes), Bronce (2 Gb/mes), Prata (3 Gb/mes) e Ouro (6 Gb/mes) que segundo o que puidemos ver na web dalgún revendedor, tería prezos de entre 39 e 115 euros/mes aos que habería que engadir uns 415 euros pola equipamento preciso para recibir este servizo, polo que en definitiva estariamos ante un servizo que dista bastante do que hoxe entendemos como unha conexións de tarifa plana de banda larga (especialmente polas limitacións de tráfico mensual).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS