Editoriais de toda España unen forzas nunha única plataforma para impulsar o e-book
xoves 15 de xullo do 2010, por |
Mentres seguen aÃnda quentes nos nosos ouvidos as declaracións de Rogelio Blanco (director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas) sobre o moito que lle vai custar ao sector libreiro o afianzamento das redes e máis polo miúdo dos novos xeitos de acceder ao coñecemento, dez editoriais españolas veñen de dar a coñecer a súa aposta común por un camiño contrario. É dicir, non só por aceptar a chegada de novas canles para o achegamento dos lectores ao libro, senón de tirar o máximo partido delas. Nesta liña é onde se insire o proxecto Libranda, unha iniciativa posta e marcha esta semana polas firmas Grupo Planeta, Grupo Random House Mondadori, Roca Editorial, Editorial Anagrama, Edicións Maeva, Grupo Santillana, Grupo Wolters Kluwer, Grup62, Grupo SM e Edicións Siruela. Segundo fai saber Xornal.com, a alianza baséase en dous piares, un que vén de antigo (a unión perante un reto común de mercado) e outro máis novo (o dixital como canle ineludible de contacto co libro).
Libranda, que máis ca un espazo de venda directa é un escaparate do que publiquen en formato dixital as devanditas editoriais, constitúe un proxecto aberto, polo que con toda probabilidade vexamos nos vindeiros dÃas incorporacións doutras empresas ao catálogo.
Malia non haber venda directa (respectándose deste xeito os esquemas tradicionais de distribución), póñense en xogo os recursos precisos para que a comunidade internauta se faga coas obras presentadas a través de múltiples tendas en liña, entre as que se contan a LibrerÃa Cervantes, a FNAC ou a que probablemente sexa unha das tendas dixitais máis completas do eido estatal: A Casa del Libro.
Estas e outras tendas, nove polo de agora, terán conexión directa con Libranda, o que implica que teñamos que visitalas se queremos mercar algunha obra dixital. A idea dos responsables do proxecto é achegarlle ao público o meirande catálogo dixital en linguas castelá e catalá.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















