Cambian as especificacións do GeeksPhone One

xoves, 1 de outubro do 2009 Marcus Fernández

O GeeksPhone One presentouse a finais de xuño coma o primeiro móbil español co sistema operativo Android, estando proxectado o seu lanzamento para o outono a un prezo de entre 250 e 300 euros, pero este dispositivo está a verse modificado seriamente, e así destaca o feito de que integrará un teclado QWERTY deslizante (o que forza a un cambio de deseño), substitúe o seu procesador Intel por outro Qualcomm (un ARM11 a 528 MHz), prescindirá de sintonizador de TDT optando polo streaming de vídeo (decisión tomada por problemas de consumo enerxético) e contará cunha pantalla de 3,2 polgadas cunha resolución WQVGA. Por outra banda, conservará a súa conectividade HSDPA a 7,2 Mbps, un acelerómetro, A-GPS, Wi-Fi e Bluetooth 2.1. Tamén gozará dunha cámara de 3,1 Mpíxeles con enfoque automático e soportará a lectura de tarxetas de memoria microSDHC de ata 32 Gb.
Está previsto que chegue ao mercado antes de rematar o ano, aínda que hai que admitir que este terminal español vaino ter difícil, xa que cada vez hai máis terminais baseados en Android no mercado, e marcar a diferenza resulta complicado.

PUBLICIDADE