Resultados da procura «galipedia»

Artigos (85)

A Galipedia medra a bo ritmo: máis de 30.000 artigos e no posto 39 das wikipedias do mundo

A presenza da nosa lingua e nosa cultura segue a abrirse camiño na Internet a través dun dos proxectos colectivos da Rede dos que máis se está a falar nas últimas semanas, ás veces en aberta crítica e no medio dunha polémica: a Wikipedia. O caso é que, enleadas aparte, a Galipedia (que é a Wikipedia galega) vén de superar xa os 30.000 artigos, situándose neste (...)

Ler máis

Culturagalega.org estrea un servizo de portada personalizada

O portal Culturagalega.org estrea Turbina, que é un servizo de portada personalizada de xeito que se poden engadir e quitar elementos, así como incorporar fontes de información externas ó portal. Turbina serve así coma páxina de inicio para os usuarios, que tamén serve para canalizar buscas directas en Google, na Galipedia, en Culturagalega.org, en Technorati (...)

Ler máis

A Wikipedia, na picota por mor de falta de financiamento

O espíritu que alumeou o xurdimento dun servizo aberto e útil como a Wikipedia (en galego, Galipedia) semella que non chega para manter a chama acesa. A fin de contas, mesmo as vontades máis desinteresadas (como as que fixeron posible a Wikipedia) precisan algo máis que boas intencións para seguir adiante, sobre todo se, como seguramente acontece neste (...)

Ler máis

Can de Palleiro: novo espazo de discusión galego libre e participativo

Se tivésemos que falar dunha nova xeración de galegos que apostan polo cambio social (deixar atrás de xeito definitivo o caciquismo), a defensa da súa identidade (cultura, paisaxe, lingua), o traballo colectivo (ombro con ombro recollendo fuel nas praias ou manifestándose contra o lume) e o espírito crítico perante calquera partido político, probablemente –no (...)

Ler máis

A Galipedia supera os 20.000 artigos

A enciclopedia libre máis coñecida do mundo, a Wikipedia, conta dende o 8 de marzo de 2003 dunha versión en galego alcumada como Galipedia, que nestas datas superou os 20.000 artigos grazas ó esforzo dos 1.600 usuarios rexistrados coma editores.La Voz de Galicia destaca a figura de Miguel Bugallo, mestre moi implicado na Wikipedia galega, como un dos (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80