Resultados da procura «galipedia»

Artigos (85)

Nace unha plataforma virtual que mira polas linguas en perigo de extinción

A Galipedia di que falar dunha lingua en perigo de extinción “é referirse a aquelas linguas do mundo que son susceptibles de desaparecer por varias cousas”, entre as que cita a substitución desa lingua por outra, a desaparición física dos falantes e tamén a desaparición da transmisión familiar. Algo semellante a isto é o que lle pasa ao galego (aínda que (...)

Ler máis

A celebración dos 200 anos do nacemento de Dickens espállase na Rede

Este ano en curso, para quen non o saiba, celébranse douscentos anos do nacemento de Charles Dickens, un dos grandes creadores da literatura inglesa e mundial, plenamente vixente e responsábel, de xeito en maior ou menor medida directo, de que determinado tipo de acontecementos, xeralmente tristeiros (como o medre da pobreza que estamos a vivir), caian (...)

Ler máis

Google celebra os 200 anos de La Pepa

Para quen caia por Google hoxe e non saiba a que responde ese novo cambio puntual de formato nas letras e na feitura, dicirlle que se trata da celebración do 200 aniversario de La Pepa, a Constitución de 1812. Como sempre que o buscador se permite estas intervencións (que se coñecen como doodles), hai letras e símbolos para acompañar a conmemoración e mover (...)

Ler máis

A Wikipedia mata a Juan Pardo

Rumores, accidentes, confusións, dixomedíxomes e fraudes levan en moitas ocasións a dar por certo o falecemento dunha persoa, e nesta ocasión afectou ao cantante galego Juan Pardo, que figura actualmente na Wikipedia en español como falecido o pasado 12 de marzo, nunha entrada na que tamén colocan a súa orixe en Vietnam, erros que non figuran na Galipedia. (...)

Ler máis

O Canto do Pobo: proxecto web para divulgar e preservar os nosos cantos de cego

A cultura popular non está rifada coa Rede. Exemplos de boa sintonía entre unha cousa e outra (as redes como canle de preservación e divulgación do que vén de vello) hai unha manchea deles, pero se cadra dos máis recentes haxa poucos tan representativos do que estamos a dicir como O Canto do Pobo, un proxecto-web que acubilla no ámbito dixital, á vista dos (...)

Ler máis

A Royal Society pon en liña e con acceso libre o seu Arquivo Histórico

A Royal Society, a máis antiga sociedade investigadora do Reino Unido e unha das que máis anos de labor científico e divulgador amorean en Europa ás súas costas, vén de abrir de xeito continuo o seu Arquivo Histórico. Este proceso, en liña e con acceso libre, supón a achega de arredor de 60.000 artigos históricos de tipo científico perante toda a comunidade (...)

Ler máis

En marcha un concurso en liña para elixir a mellor praia do Morrazo

As novas redes teñen unha serie de vantaxes, algunhas á vista e outras non tanto. Entre as que mellor nos entran polo ollo e máis repercusión provocan están as que nos poñen preto da verdade dunha cousa. Por exemplo, quen máis quen menos entrou nunha comunidade de cinema, tipo Filmaffinity ou IMDB, para ver as opinións dos internautas sobre un filme, opinións (...)

Ler máis

Patrimoniogalego.net convida á participación para inventariar e protexer os nosos bens

Teñen os nosos Bens Culturais quen lles vala na Rede? Sen dúbida si que tiñan, e máis que van a ter a partir de agora. A falta dunha defensa e unha conservación máis claras e máis firmes das administracións, tiveron que ser os internautas galegos os que puxeran en marcha unha iniciativa que dese continuidade e unidade ao seguimento colectivo do noso patrimonio (...)

Ler máis

1.800 fogares e empresas de Tui contarán con servizos de R

O operador galego R deu comezo en Tui aos traballos para habilitar a súa infraestrutura de fibra óptica na histórica vila pontevedresa. Segundo informa a empresa, a rede que se prevé despregar dará cobertura múltiple (acceso a internet de alta velocidade, telefonía fixa, televisión dixital e móbilR) a preto de 1.800 fogares e empresas do concello. Deste xeito, (...)

Ler máis

A Galipedia convoca á nosa comunidade internauta para celebrar o seu oito aniversario

A Galipedia xa ten oito anos. A versión galega da enciclopedia en liña Wikipedia, que contou co impulso orixinal de Antonio Gregorio Montes e do profesor Miguel Bugallo (entre outros) para converterse en realidade, xa hai tempo que confirmou que ía ter corda para rato, tanto como canle de coñecemento propio (para nós os galegos) como presentándonos perante o (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80