Resultados da procura «galipedia»

Artigos (85)

A Galipedia chega aos 125.000 artigos

A Galipedia, a enciclopedia libre en galego, superou este 14 de setembro os 125.000 artigos. Así nolo lembra Elisardo Juncal, co-administrador da versión na nosa lingua da Wikipedia, quen tamén recorda que ter acadado a devandita cifra sitúa ao proxecto na posición 45 por número de artigos entre todas as wikipedias da Fundación Wikimedia, “todo isto grazas á (...)

Ler máis

A Rede galega celebra a figura da oceanógrafa Ángeles Alvariño

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra hoxe o Día da Ciencia en Galicia, conmemoración que ven substituír o Día do Científico Galego e que este ano homenaxea por primeira vez a unha investigadora muller, a oceanógrafa Ángeles Alvariño. A celebración lévase a cabo na web da RAGC e, este luns, na sede da entidade. O acto académico aberto ao público, que (...)

Ler máis

Esta semana celébrase na FIC o Wikimaratón da Galipedia

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolle esta semana, os días 16 e 17 de abril, as primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC. As actividades previstas contarán, entre outras cousas, cunha charla de introdución á edición da enciclopedia en liña galega e con accións máis específicas como por exemplo unha sesión de acceso aos segredos e (...)

Ler máis

A Galipedia convoca á comunidade da UDC para amosar a súa actividade e xuntar forzas

A Facultade de Informática da Coruña vai acoller os días vindeiros a primeira edición das Xornadas Coñece a Galipedia na UDC. A cita desenvolverase o 16 e máis o 17 de abril, e será, en palabras da organización, “unha mestura entre unha xornada de portas abertas e un wikimaratón da enciclopedia en liña galega”. Estas xornadas, promovidas pola dita facultade da (...)

Ler máis

GALPon ultima os preparativos do wikimaratón da Galipedia que se celebra este sábado

Como vimos lembrando dende hai semanas, Vigo acolle este sábado 28 de febreiro o primeiro editatón da Galipedia, unha xuntanza organizada ao abeiro do 3º ciclo dos Sábados Libres na Residencia Altamar. A cita, organizada polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) e os responsábeis da Galipedia, consiste nun wikimaratón arredor da dita enciclopedia (...)

Ler máis

GALPon perfila o programa do primeiro editatón da Galipedia

Como xa adiantabamos a finais do mes pasado en Código Cero, Vigo acollerá o 28 de febreiro o primeiro editatón da Galipedia, que terá lugar dentro do 3º ciclo dos Sábados Libres na Residencia Altamar (na imaxe) e que está organizado polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon). E en que consiste a cita? Pois é unha reunión onde os participantes se (...)

Ler máis

Vigo acolle o día 28 o primeiro editatón da Galipedia

GALPon vai organizar o vindeiro 28 de febreiro unha actividade de especial interese para os nosos docentes máis afeitos a botar man da Internet para complementar os contidos da clase e, tamén, para mellorar a formación do alumnado en materia de acceso ao coñecemento. Máis polo miúdo, do que se trata é de abrir novos horizontes de participación e interacción (...)

Ler máis

A FIC e o CPEIG suman forzas para conmemorar o papel da muller na informática coa Semana Anita Borg

Como lembraremos, en novembro do ano que vimos de deixar atrás a Facultade de Informática da Coruña anunciou a súa intención de organizar unha serie de actividades contra a fenda dixital de xénero no marco dos eventos internacionais de celebración do aniversario de Anita Borg (celebración promovida pola asociación Anita Borg Scholarship Alumni Association, (...)

Ler máis

A Galipedia celebrará o seu primeiro editatón con temática científica

O pasado 4 de novembro celebrábase a quinta edición do Día da Ciencia en Galego e para festexar esta data Proxéctate en galego, a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a comunidade xestora da Galipedia, a Wikimedia España e a Nerd Nite Compostela están a organizar un editatón en Lugo para o vindeiro sábado 8 de novembro. Estamos perante a primeira (...)

Ler máis

O galego reduce á metade a súa presenza na Rede

O pasado sábado celebrábase o Día das Letras Galegas, adicado desta volta ao poeta Xosé Mª Díaz Castro, o mesmo 17 de maio festexábase tamén o Día Mundial de Internet. Aproveitando a coincidencia, dende w3techs.com analizouse a relación existente entre diferentes linguas e a Rede, incluída a nosa. Dito doutro xeito: analizouse a permanencia do galego en Internet. (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80