Resultados da procura «galipedia»

Artigos (85)

A xira de Movistar para informar das vantaxes da fibra en 15 concellos, chega este sábado a Dodro

A xira de Movistar (Roadshow Movistar), destinada a informar as vantaxes e posibilidades das redes ultrarrápidas de Telefónica, vai percorrer entre xullo e agosto 15 concellos da nosa terra: 15 municipios beneficiados polo Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e o seu despregue de fibra até o fogar (FTTH), ámbito no que Telefónica resultou (...)

Ler máis

A Galipedia lanza un concurso fotográfico para achegar imaxes libres aos artigos das parroquias

A comunidade da Galipedia quere seguir cubrindo os posíbeis baleiros da enciclopedia galega online. Un destes baleiros é o déficit de imaxes libres que acompañen os artigos de parroquias de Galicia que non teñen foto. Con este obxectivo e coa finalidade de seguir facendo fincapé na necesidade de facermos fronte común para ter a máis completa Galipedia posíbel, (...)

Ler máis

R leva a súa fibra ultrarrápida a 240 fogares e empresas de Petín

A operadora galega R prosegue cos seus traballos de espallamento de redes ultrarrápidas (redes de Internet a través de fibra óptica) nos nosos concellos. Un dos máis recentes en estrear estes equipamentos de FTTH (Fiber To The Home) é o de Petín, en Ourense. O fornecemento desta infraestrutura implica a dispoñibilidade de accesos de nova xeración (con servizos (...)

Ler máis

A Rede galega comeza a envorcar esforzos arredor de Antón Fraguas

Vaise achegando o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, e da mesma maneira que se aproxima esta data tan sinalada, achégase tamén, á mesma distancia e co mesmo ritmo de chegada, a conmemoración internacional da Día da Internet. Esta feliz confluencia entre a nosa cultura e os díxitos, por unha banda, e entre o local e o universal, pola outra, convídanos polas (...)

Ler máis

Lalín activa as súas novas redes públicas sen fíos: unha para o Arena e outra para a Biblioteca

Segue adiante a estratexia activa de Lalín para converterse en vila smart: eficiente, sustentábel, mellor xestionada, participativa e conectada. O máis recente paso neste sentido ten que ver coas conexións sen fíos á Rede, que o Concello vai facer chegar a dous importantes inmóbeis públicos do termo municipal: o Lalín Arena e máis a Biblioteca Municipal. Os (...)

Ler máis

A divulgación científica, eixe dos novos encontros de normalización do CCG

Este xoves comezan na Cidade da Cultura os Encontros para a Normalización Lingüística. A cita, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, porá o foco na divulgación científica e nos novos formatos e metodoloxías para divulgar investigación, achados e coñecemento avanzado. A presidenta da institución, (...)

Ler máis

A Galipedia escurécese en protesta da proposta de reforma dos dereiros de autor na UE

A proposta de directiva europea sobre dereitos de autor podería facer imposible compartir artigos de novas en redes sociais ou atopalos en motores de busca, e incluso a Wikipedia podería estar en risco, de aí que a comunidade da Wikipedia en galego decidise escurecer as páxinas da súa enciclopedia en liña até a votación a xeito de protesta e para facer un (...)

Ler máis

A Galipedia celebra a segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller

Co gallo do Día Internacional da Muller (este 8 de marzo), e ao abeiro dos actos de celebración do décimo sexto aniversario da Galipedia (a Wikipedia en galego), a comunidade responsábel do mantemento e medre da enciclopedia dixital galega vai organizar a Segunda Wikimaratona do Día Internacional da Muller. Desenvolverase o sábado 9 de marzo en (...)

Ler máis

O Concello de Brión comeza ano con formación TIC para a cidadanía

O Concello de Brión quere comezar o ano con formación en novas tecnoloxías para a cidadanía, poñendo o foco na alfabetización de base. Nesta liña, o Goberno local vén de presentar a súa oferta formativa para o vindeiro mes de febreiro, que inclúe dous cursos que terán lugar na aula CeMIT emprazada na Carballeira de Santa Minia. Trátase dun curso de iniciación a (...)

Ler máis

As redes ultrarrápidas chegan a catro parroquias de Brión

O Concello de Brión vai ter redes ultrarrápidas de acceso a Internet nas parroquias de Brión, Boullón, Ós Ánxeles e Viceso. Así o fixo saber hoxe o alcalde da localidade coruñesa, quen celebrou os traballos previstos e as posibilidades de comunicación e desenvolvemento que se abren cos novos equipamentos tecnolóxicos. Segundo fixo saber, estas actuacións (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80