Aerosmith podería ter gañado máis cartos con Guitar Hero que con calquera dos seus discos

mércores, 17 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A influenza dos videoxogos no sector musical é algo innegable, e aínda que a Industria discográfica tardou en ser consciente do potencial detrás dos xogos musicais, agora loitan por facerse un oco en títulos coma Rock Band ou Guitar Hero, e non é para menos, pois o director xeral de Activision, Bobby Kotick asegurou que a versión de Aerosmith do «Guitar Hero xerou uns ingresos moi superiores aos de calquera álbum de Aerosmith», e a participación do grupo no xogo afectou moi positivamente a sinatura de contratos e á venda de entradas para concertos e merchandising.
O xogo xerou máis de 50 millóns de dólares en vendas directas durante os seus primeiros 3 meses nas tendas, tempo no que dende Aerosmith recoñeceron que se incrementaran as vendas dos seus discos nun 40%, polo que aínda que as afirmacións de Kotick non estean confirmadas (lembremos que o álbum Get A Grip vendeu uns 15 millóns de copias en todo o mundo) non hai dúbida sobre a importancia que teñen agora os videoxogos no mundo da música.

PUBLICIDADE