Prohiben o videoxogo Manhunt 2 no Reino Unido
mércores, 20 de xuño do 2007
A primeiros de xullo chegará ás tendas españolas o
xogo Manhunt 2 de Take-Two
Interactive, que estará recomendado para maiores de 18 anos, pero que no Reino
Unido non chegará ós estantes das tendas porque a
British Board of Film Classification decidiu que o xogo non era apto para a súa
venda por ser “un foto imparable de
sadismo e asasinatos brutais”.
|
Así, o xogo protagonizado por un personaxe fugado dun manicomio será o primeiro que se censure no Reino Unido dende 1997, cando Carmageddon correu a mesma sorte, aínda que o xogo de carreiras automobilísticas no que se podía atropelar peóns acabou comercializándose tras unha apelación, algo que tamén podería repetirse, pois Take-Two aínda pode apelar a decisión da BBFC.