|
Número 47 de Código Cero en PDF
Como tódolos meses, chega outro número
de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde
nunha completa rede de puntos de distribución,
podéndose descargar tamén en
formato PDF.
Nesta nova entrega facemos un repaso da actualidade dos últimos días, e detallamos asuntos coma
o phising e outras fraudes, a proliferación dos xogos de rol a través da Rede, dedicamos especial
atención ás novas tecnoloxías ó servizo da seguridade nas estradas e outros temas coma:
- Berto Yáñez, o pai da criaturiña chamada Chuza
- Internet é, hoxe, o que en tempos o baile dos domingos: un sitio onde buscar parella
- Entrevista á blogueira Miss Intelijente
- Chamando de balde na Rede: servizos dispoñibles
- Gadgets para este verán que remata
- Nova economía: O clásico AOL, en reestruturación
|