iVoox consegue unha prórroga na súa licenza coa SGAE

luns, 25 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

iVoox comunicara que, ante a actual revisión do marco de licenzas para podcasting quedaban sen a licenza que tiñan coa SGAE dende 2012, de xeito que a partires do mes que vén os usuarios da plataforma española de podcasting de referencia quedarían sen a protección de tal licenza, pero nas últimas horas xurdiu unha nova esperanzadora: a SGAE decidiu prorrogar de xeito temporal a licenza actual para o contido aloxado en iVoox.
Deste xeito os creadores de podcasts poderán continuar a facer uso de obras protexidas por dereitos de autor nas súas gravacións sen medo a ter que enfrontarse a sancións e sen ter a necesidade de adquirir unha licenza a título particular (o que na meirande parte dos casos sería economicamente inviable).
Dende iVoox continuarán a traballar para conseguir que esta situación quede solucionada de xeito permanente, esforzándose en contratar unha licenza se é posible unha vez que se harmonice o modelo de licenzas español co do resto de Europa.

PUBLICIDADE