iStick, novo dispositivo HDMI con Android 4.0
luns, 6 de agosto do 2012
Parece que os ordenadores
de pequeno tamaño con Android 4.0 e conexión HDMI para dotar a televisores de
alta definición de prestacións de Smart TV son unha tendencia en alza, e o
último do que soubemos é o
iStick, que este mes vai pórse á venda por 69 dólares (55,54 euros) da man
de PQ Labs, incluÃndo no tamaño dunha memoria USB un equipo cun procesador de
dobre núcleo (cunha velocidade de entre 1 e 1,8 GHz), aceleración gráfica 2D e
3D, reprodución de vÃdeo ata 1.080p, Wi-Fi N, soporte de dispositivos USB
(teclados, ratos, discos duros...), compatible con máis de 600.000 aplicacións
e compatible con tecnoloxÃas do mesmo fabricante que permiten manexar o
dispositivos cun sensor semellante a KINECTou cunha pantalla multi-táctil de
ata 120 polgadas.
Demostración do funcionamento do iStick nunha pantalla táctil de grande tamaño