iProTV permite consultar a programación televisiva dende o iPhone

martes, 1 de xullo do 2008 Marcus Fernández

iProTV permite consultar a programación das canles estatais e autonómicas

O 11 de xullo chega a España o iPhone de Apple da man de Movistar, polo que é posible que durante os vindeiros meses vexamos como moitos servizos web españois se adaptan ao novo terminal (así coma ao iPod Touch) e como exemplo podemos comentar o caso de iProTV, unha aplicación web para o iPhone que permite consultar a programación das canles de televisión españolas (incluíndo as autonómicas).
A aplicación tamén se completa con información sobre series, películas e audiencias, e inclúe un blog sobre o mundo da televisión (que parece optimizado para a súa lectura co iPhone en modo panorámico).
Para acceder a este servizo hai que visitar iprotv.net78.net dende o navegador web do iPhone ou o iPod Touch, recomendándose logo a súa incorporación ao escritorio do terminal coma WebClip.

PUBLICIDADE