iPed: un clon do iPad a menos de 100 euros

luns, 31 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os clons do iPad de orixe chinés, pese a ser produtos de inferior calidade e prestacións moi distintas, están a causar furor principalmente polo seu prezo, coma é o caso do iPed, un tablet con procesador Intel, 128 Mb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno e sistema operativo Android que estaría á venda en China por un prezo equivalente a 85,30 euros.
Resulta evidente que o iPad é un produto de pouca calidade, que entraría máis no rango dos reprodutores multimedia que dos tablets, aínda que é capaz de visualizar páxinas web, sendo a súa principal bondade a súa aparencia semellante á do iPad, aínda que non parece que vaiamos a velo fóra do mercado chinés por ser unha imitación demasiado descarada.


Aparición televisiva do curioso iPed

PUBLICIDADE