iDuck, o parrulo altofalante sen fÃos
luns, 21 de marzo do 2011
Os que
queiran emular a Epi
bañándose cun parrulo de goma poden completar a experiencia con música
grazas ao novo iDuck,
un altofalante sen fÃos bastante orixinal que flota, é resistente á auga,
recibe son sen fÃos dun reprodutor musical grazas ao correspondente emisor (con
forma de ovo) cun conector de auriculares estándar e incluso pode recibir radio
FM.
O parrulo-altofalante mide 5 x 5 x 5 centÃmetros, pesa 200 gramos e precisa de
3 pilas AAA para o altofalante e 2 pilas AAA para o seu transmisor. Este orixinal dispositivo que axuda a animar
as nosas sesións de baño ou ducha sen temer pola integridade do noso reprodutor
musical ou móbil favorito pode mercarse
en Amazon a 49,95 dólares, 21,11
libras esterlinas ou 24,99
euros segundo o paÃs a través do que queiramos facernos co iDuck
(resultando o Amazon británico a mellor opción neste momento, pois a cotización
actual da libra sitúa o prezo do parrulo en 24,11 euros).
- O iDuck pode operar como altofalante remoto ou como receptor de radio FM