iBike Dash facilita o rexistro dos nosos adestramentos en bicicleta no iPhone

mércores, 23 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os dispositivos de Apple teñen unha curiosa boa relación co mundo do deporte (como a tecnoloxía Nike+ que permite rexistrar as nosas carreiras con distintos iPod e iPhone) que agora trasládase ao mundo da bicicleta co iBike Dash, unha especie de funda para o iPhone que pode colocarse sobre o guiador e que tamén inclúe un sensor de velocidade de bicicleta, o que combinado cunha aplicación para o iPhone e iPod Touch que permite o rexistro de información como a velocidade, a potencia, o ritmo cardíaco, a velocidade do vento, o tempo, a ruta, a altitude e as calorías consumidas polo ciclista, ou sexa, un monitor ideal para os adestramentos sobre dúas rodas.
O iBike Dash pode adquirise no seu modelo básico por 199,95 dólares, sendo posible adquirir tamén por 329 dólares unha versión avanzada que inclúe os sensores que facilitan o rexistro da cadencia, o ritmo cardíaco e as calorías, así coma unha batería recargable cun cargador.

JPEG - 72.2 KB
Grazas ao GPS do iPhone poden seguirse as rutas en bicicleta coa axuda do iBike Dash

PUBLICIDADE